En Xeito orientamos o noso método de traballo á prevención, á readaptación de lesións e ao adestramento en patoloxías específicas.
Cada sesión está deseñada por profesionais da actividade física e da saúde, cun seguimento individualizado e obxectivos realistas. Non buscamos fórmulas máxicas, senón procesos sólidos que melloren a túa calidade de vida, mobilidade e autonomía.
Se tes unha lesión, unha patoloxía crónica ou simplemente queres adestrar con criterio, aquí atoparás un espazo seguro, rigoroso e adaptado a ti.