¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Xeito. Adestramento e saúde
Adestramento en patoloxías

ADESTRAMENTO PERSOAL

Adestramento en patoloxías

A readaptación funcional é a fase intermedia entre a rehabilitación clínica e o retorno á actividade física ou deportiva.

No noso centro abordamos este proceso cun enfoque individualizado, baseado na avaliación biomecánica, control da carga e progresión segura. O obxectivo é recuperar a funcionalidade, previr recaídas e optimizar o rendemento físico, adaptando os estímulos ás capacidades reais da persoa en cada etapa.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A quen está dirixido

Persoas con lesións musculares, articulares ou tendinosas

 

Usuarios con patoloxías crónicas que afectan o movemento

 

Quen precisa volver á actividade física tras unha intervención ou inmobilización

 

ESCOLLE OS TEUS OBXECTIVOS

Que podemos facer por ti

  • Crear un espazo no que adestrar con motivación e apoio
  • Xerar unha rutina de exercicio estable
  • Mellorar a coordinación e control postural
  • Mellorar a túa condición física e resistencia cardiovascular
  • Recuperar calidade de vida en base ao movemento
  • Mellorar a sintomatoloxía propia de dores articulares ou musculares de tipo crónico

Axenda as túas clases online

Agora podes axendar as túas sesións de adestramento persoal online de forma rápida e sinxela dende o móbil. Organiza os teus adestramentos, consulta horarios e recibe notificacións personalizadas. Todo ao teu ritmo, nun só clic. 

DESCARGA A APLICACIÓN

Como traballaremos

VALORACIÓN INICIAL
Análise da lesión, estado funcional, patróns de movemento e tolerancia á carga.

CONTROL DE CARGA
Introdución gradual de estímulos mecánicos (peso, impacto, volume) segundo a fase de recuperación.

REEDUCACIÓN DO MOVEMENTO
Corrección de patróns alterados, traballo de estabilidade, mobilidade e coordinación.

PREVENCIÓN DE RECIDIVA
Integración de estratexias para evitar sobrecargas, compensacións ou erros técnicos que provoquen unha recaída.

 

Contacta connosco

Se queres dar o paso cara a unha vida máis activa e saudable, estamos contigo desde o primeiro día.