¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Xeito. Adestramento e saúde
Adestramento en patoloxías

ADESTRAMENTO PERSOAL

Rendemento deportivo

O adestramento orientado ao rendemento deportivo busca optimizar as capacidades físicas, técnicas e funcionais de cada deportista segundo o seu nivel e disciplina. No noso centro aplicamos protocolos baseados na evidencia, avaliacións individualizadas e planificación específica para mellorar forza, velocidade, resistencia, coordinación e prevención de lesións. Traballamos con deportistas en etapa formativa, amateur e profesional, adaptando os estímulos ás esixencias reais da competición e aos obxectivos persoais.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A quen está dirixido

Mozos e mozas que queren mellorar o seu rendemento e prepararse para a competición.

 

Deportistas amateurs e profesionais con obxectivos específicos de mellora en forza, velocidade, resistencia ou prevención de lesións.

 

Persoas activas que queren adestrar con metodoloxía: aínda que non compitan, buscan resultados medibles e planificación individualizada.

 

ESCOLLE OS TEUS OBXECTIVOS

Que podemos facer por ti

  • Mellorar a túa forza, resistencia e velocidade
  • Optimizar a túa técnica e control postural do movemento
  • Prepararte para competiciones ou probas físicas
  • Mellora a túa condición física e resistencia
  • Axudarche a previr lesións mediante adestramento funcional
  • Realizar avaliacións físicas e seguimento personalizado
  • Xerar adaptacións fisiolóxicas específicas da tua disciplina deportiva
  • Acompañarte na planificación e periodización do adestramento

Axenda as túas clases online

Agora podes axendar as túas sesións de adestramento persoal online de forma rápida e sinxela dende o móbil. Organiza os teus adestramentos, consulta horarios e recibe notificacións personalizadas. Todo ao teu ritmo, nun só clic. 

DESCARGA A APLICACIÓN

Como traballaremos

VALORACIÓN INICIAL
Analizamos as túas capacidades físicas, obxectivos e necesidades específicas mediante test funcional e entrevista personalizada.

PLANIFICACIÓN INDIVIDUALIZADA
Deseñamos un programa adaptado ao teu deporte, nivel e calendario competitivo.

CONTROL DE CARGA E PROGRESIÓN
Axustamos os estímulos semana a semana para garantir melloras sen sobrecargas.

SEGUIMENTO TÉCNICO
Supervisamos a execución dos exercicios, corriximos patróns de movemento e adaptamos segundo a evolución.

 

Contacta connosco

Se queres dar o paso cara a unha vida máis activa e saudable, estamos contigo desde o primeiro día.