Sesións individualizadas adaptadas ás túas necesidades, obxectivos e condición física. O adestramento persoal permite un seguimento continuo, corrección técnica e motivación constante para que avances de forma segura e eficiente.
SABER MÁIS
Adestra en compañía sen perder a atención personalizada. Os grupos reducidos favorecen a aprendizaxe, a motivación e o ambiente colaborativo, mantendo a calidade e o control técnico en cada sesión.
Recupera a túa funcionalidade tras unha lesión con adestramentos adaptados á tua rehabilitación. Traballamos para reforzar zonas vulnerables, mellorar a mobilidade e evitar recaídas, sempre respectando os tempos e recomendacións médicas.
Programas específicos para persoas con patoloxías crónicas ou condicións especiais (como hipertensión, fibromialxia, etc.). Desde Xeito traballamos cun enfoque seguro, eficaz e adaptado.
Se es deportista e queres mellorar marcas, técnica ou preparación física, ofrecemos adestramentos orientados ao rendemento. Avaliación inicial, planificación específica e seguimento continuo para acadar o teu máximo potencial.