¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Xeito. Adestramento e saúde

Os nosos servizos

Adestramento persoal

Adestramento persoal 

Sesións individualizadas adaptadas ás túas necesidades, obxectivos e condición física. O adestramento persoal permite un seguimento continuo, corrección técnica e motivación constante para que avances de forma segura e eficiente. 

SABER MÁIS

Entrenador explicando exercicios a un grupo de adestramento reducido

Grupos reducidos

Adestra en compañía sen perder a atención personalizada. Os grupos reducidos favorecen a aprendizaxe, a motivación e o ambiente colaborativo, mantendo a calidade e o control técnico en cada sesión.

SABER MÁIS

persoa realizando un adestramento adaptado á súa lesión

Readaptación de lesións

Recupera a túa funcionalidade tras unha lesión con adestramentos adaptados á tua rehabilitación. Traballamos para reforzar zonas vulnerables, mellorar a mobilidade e evitar recaídas, sempre respectando os tempos e recomendacións médicas.

SABER MÁIS

Adestramento lixeiro adaptado a patoloxías e dor crónico

Preparación en patoloxías

Programas específicos para persoas con patoloxías crónicas ou condicións especiais (como hipertensión, fibromialxia, etc.). Desde Xeito traballamos cun enfoque seguro, eficaz e adaptado.

SABER MÁIS

Adestramento de intensidade para mellorar o rendemento de deportistas profesionais

Rendemento deportivo

Se es deportista e queres mellorar marcas, técnica ou preparación física, ofrecemos adestramentos orientados ao rendemento. Avaliación inicial, planificación específica e seguimento continuo para acadar o teu máximo potencial.

SABER MÁIS